NegroLópez

NegroLópez
Compañía de teatro independente

Somos dous artistas unidos por unha causa común:
facer que te esmendrelles de risa!

Humor e teatro galego con identidade

En NegroLópez fusionamos humor, teatro e crítica social para conectar co público e facer reflexionar sen perder o sorriso. Somos Iván Davila e Brais Iriarte, actores e creadores escénicos que apostamos por espectáculos que combinan comedia, música en directo e unha visión mordaz da sociedade.

Teatro e comedia para todos os públicos

Descubre os nosos espectáculos de teatro de humor, onde a música, o clown e a crítica social van da man para sorprender e entreter.

Proxectos culturais

Ademais dos nosos espectáculos, colaboramos en proxectos culturais innovadores que expanden o teatro cara novos formatos.

Próximos eventos

Consulta as nosas próximas funcións e eventos culturais en Galicia. Se queres vernos en acción, revisa as datas e reserva a túa entrada!

NegroLópez na prensa

Os nosos espectáculos e proxectos culturais tiveron repercusión nos medios. Aquí podes ver entrevistas, críticas e reportaxes sobre o noso traballo.