NegroLópez

Coñécenos

NegroLópez

NegroLópez está formado por Iván Davila e Brais Iriarte. Poñendo en común as nosas inquedanzas, buscamos unha linguaxe común que fale da nosa realidade social e cultural. Sempre tendo en conta ao público ao que nos diriximos, utilizando o humor como medio de expresión.

Dispostos a dalo todo por sorprender e entreter, valémonos da crítica social e do humor absurdo, ferramentas indispensables para espertar conciencias e para rirnos das nosas miserias.

Queres saber máis sobre nós? Pois iso ten fácil solución! Segue lendo!

Iván Davila

Iván Davila

Posúo un Mestrado en Teatro Avanzado pola UNIR e son Titulado Superior en Arte Dramática pola ESAD de Galicia. Complemento a miña formación asistindo a diversos talleres impartidos por profesionais como Avner the Eccentric, Peta Lily, Olivier Delamare, Dani Abreu ou Leo Bassi.

Actualmente exerzo de artista hospitalario en Fundación Theodora, visitando de forma presencial hospitais de Galicia e de forma virtual outros no resto do país. Como actor teño traballado para compañías como Limiar Teatro, Nelson Quinteiro, TrigoLimpo Teatro ou o CDG. Desempéñome na dobraxe, fundamentalmente no estudo Cinema Iberolusa, e tamén son narrador oral, levando a cabo os meus propios proxectos escénicos, tanto de xeito individual como a través de NegroLópez.

Brais Iriarte

Brais Iriarte

Posúo un Mestrado en Teatro Avanzado pola UNIR e son Titulado Superior en Arte Dramática pola ESAD de Galicia. Tamén traballei e formeime como actor en países como Portugal, Arxentina ou Uruguai. Asistín ao Conservatorio de Tui, especializándose en Guitarra Eléctrica. Son músico multinstrumentista e cantante formado en Galicia e Portugal. 

Formo parte da compañía Limiar Teatro, desenvolvendo proxectos escénicos e culturais como actor, director e compositor. Colaborei con agrupacións musicais como Fan Blues, Dudecan, Tapaconas ou Los Lentos e con artistas como Pablo Novoa, Nicolás Pastoriza, Litus Ruiz ou Alberto Vilas. Actualmente formo parte dos grupos Le BarLuthier, LaTimba Mullallo, Samba da Batea e resaca emocional.