Un músico calquera en escena. Outro personaxe que o ve e queda pasmado pola súa capacidade de atraer ó público. Este último intenta demostrar que tamén pode ser artista, pero non lle resultará tan doado como pensa… Por outra banda, un cantante e un guitarrista reivindicativos, co poder e a responsabilidade de comunicar a través da súa música.
Enfrontados a todos eles, un home con pel de serpe, inculto e con moita fachenda, que di defender a cultura pero no fondo só busca utilizala como forma de entretemento para unha sociedade submisa e aletargada. Todo elo envolto nun ambiente musical, xa que, pase o que pase, a arte sempre está presente.
Xénero: Comedia
Duración: 75 min.
Público: Adulto (+13)
Ano de estrea: 2019
Estado: Xira rematada
Formato: Café-Teatro
Elenco: Iván Davila e Loïs Blanco
Dirección e dramaturxia: Iván Davila
Música e espazo sonoro: Loïs Blanco
Escenografía: A compañía
Deseño do cartel: Alex Carausan
Fotografías: Alex Carausan
Para proporcionar as mellores experiencias, usamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. Consentir estas tecnoloxías permitiranos procesar datos como o comportamento de navegación ou identificacións únicas neste sitio. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a certas características e funcións.