NegroLópez

Game of Fortes

Descrición

Game of Fortes é un roteiro teatral auditivo instalado no Castelo de Vimianzo, coproducido polas compañías Limiar e NegroLópez, que da a coñecer a nosa historia e o noso patrimonio dun xeito lúdico e innovador. Coma se dun xogo de rol se tratase, o oínte recibirá indicacións coas que deberá atopar elementos do Castelo que, a través de códigos QR, darán acceso a escenas protagonizadas por personaxes históricos e ficticios.

Game of Fortes utiliza a tecnoloxía 8D, tamén coñecida como son binaural. Este sistema reproduce os sons segundo a súa disposición no espazo, dando ao usuario unha maior sensación de realismo.

Proxecto premiado no certame “Fondo de Proxectos Culturais Reino de Galicia 2023”.

Ficha técnica

Ano de estrea: 2024
Formato: Roteiro teatral auditivo
Elenco: Bea Campos, Ana Carreira, Iván Davila, Brais Iriarte, Chiqui Pereira e Lucía Sánchez
Dirección: Chiqui Pereira
Dramaturxia: Ana Carreira

Produción: Limiar, NegroLópez e Deputación da Coruña
Asesoramento histórico: Javier Luaces
Composición e espazo sonoro: Brais Iriarte
Deseño gráfico e ilustracións: Lucía Sánchez
Colaboración especial: Míriam Rodríguez (Le BarLuthier)

Fotografías: zOe viXión